domingo, 14 de abril de 2024

Federación Galega de Baloncesto

 Federación Galega de Baloncesto é unha entidade de dereito privado que reúne xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitros, así como clubs, asociacións, agrupacións e a totalidade de entidades adicadas á práctica do baloncesto no territorio galego.

A FGB quere ser, xa que logo, un axente social activo que orienta os seus esforzos a facer do baloncesto unha ferramenta de cambio a prol da cohesión e o benestar da sociedade galega.

A Federación Galega de Baloncesto ordenará, dirixirá e planificará as actividades do Baloncesto Galego para que contribúan do xeito máis eficiente á cohesión e ao benestar da sociedade galega.

A FGB levará sempre a cabo as súas accións en coordinación co organismo competente da Xunta de Galicia, os Estatutos da Federación Española de Baloncesto e as disposicións que traten das actividades de ámbito español e da FIBA no ámbito internacional.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

  La Women's British Basketball League es la liga de baloncesto femenino de más alto nivel en Gran Bretaña, fundada el 5 de junio de 201...